Friday 17 de May de 2024

O Concello de Frades conmemora o 25N baixo a lenda “Con valentía podemos vencer”


O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, repartiu material conmemorativo da campaña no CPI de Ponte Carreira e gardouse un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista

A casa do concello de Frades acolleu este mediodía unha concentración en conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero na que participaron traballadores e traballadoras municipais. A concelleira de Muller e Igualdade, Ángeles Álvarez Carro, foi a encargada de dar lectura ao manifesto institucional, previo a un minuto de silencio en memoria das mulleres e crianzas asasinadas este ano vítimas da violencia de xénero e da violencia vicaria.

Previamente, o concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, visitou o CPI Ponte Carreira, onde repartiu camisetas, adhesivos e carteis da campaña “Con valentía podemos vencer”, baseada nun deseño elaborado por dúas alumnas do centro: Candela Garea Martínez e Diana Rivadas Porteiro, de 2º da ESO do IES de Ponte Carreira, que gañaron o concurso no que tomou parte todo o alumnado. Unha campaña que tamén quedou recollida nun graffiti elaborado pola ambas as dúas alumnas no exterior do pavillón polideportivo de Abellá.